VOO XA TEN PROMO

Da man de GrisMedio studio, do ollo de Inma Vilanova, chega este video promocional de VOO. Agardamos que o desfrutedes! #artesderua #danzaacrobatica #streetarts

MATISSE CO CORPO

Obradoiro de danza, sombras e arte para educación infantil (3 anos), a partir de algúns dos máis célebres cadros de Matisse. Escola Andaina, A Coruña | En colaboración con Luis Cousillas, para Crearte Servizos Culturais #predanza #matisseenmovemento

‘CORPO AGOCHADO, CORPO SOCIAL’

Obradoiro de expresión corporal e movemento, con mulleres nadas en paises de cultura musulmana como Siria, Marrocos ou Senegal. Traballando dende o corpo común. Con SOS Racismo Galiza | Programa contra a islamofobia coordinado por Mina Shayan para Federación SOS Racismo.