Ulises e a nena durmida

Sacrifican un carneiro de cornos dourados na honra da deusa Atenea. A partida de Itaca (mapa oficial). Penélope tece e destécese endurecendo a súa sensibilidade, resistindo, pendurada. Telémaco era dunha materia tan branda que non explotou ao recibir o impacto, S.O.S. Case naufraxio de Ulises (territorio propio). Poderosa Circe. Caida do palacio. Saida da caverna.

Ulises e a nena durmida é unha sinfonía de corpos, voces e imaxes, inspirada na traxedia grega do héroe Odiseo. Unha deriva do mapa oficial, ao territorio propio. Obra de artes escénicas, vivas, para maiores de 14 anos. Expandida nun obradoiro para adolescencia e outras comunidades sensibles.

referencias: Circe ou o pracer do azul, Begoña Caamaño; La descolonización del cuerpo, Iván Nogales; En presencia de la ausencia, Mahmud Darwix; Eu son, Sri Nisargadatta Ma-haraj.

segunda travesía

 

O proxecto escénico, arroupado pola cooperativa galega Rexenerando, inclúe a programación expandida que demos en chamar “Arte lenta para transformar corpos e comunidades”, que pretende achegar movemento e linguaxe contemporánea a públicos e vilas implicadas cos eixos de traballo da obra: cuestionamento dos mitos, identidade sexual, roles de xénero e amor ou inclusividade. É noso obxectivo traballar ca adolescencia e tamén con outros colectivos sensibles, na procura de teatros cheos, que evolúen e vivos.

bandada

Anxela Blanco: Dirección, interpretación, textos, espacio escénico e producción
Natalie Schaevers: Asistencia de dirección e interpretación
Andrea Quintana: Asistencia no movemento
Atelier efímero (Marcia Edleditsch e Lorena Barrán): Vestiario, producción e espacio escénico
Afonso Castro: Iluminación e espacio escénico
Dani Pais: Técnico en xira
Música orixinal: Mr. Krah (Iván Rodríguez), Macarena Montesinos, Mónica de Nut, Manuel Fonte e María Move.
Visuais: Rubén Vilanova
Asistencia na maqullaxe e perruquería: Yolanda Paz
Asistencia na producción: Manu Lago
Soporte gráfico, redes e coopfunding: Oscar Górriz
Unidade didáctica: Leticia Rodríguez
Representación:  Rexenerando S. Coop. Galega


Agradecementos: Kaze, niet f - n, Carlos Sante, Davinia Rico, Rocío Taboada, Kukas, Inma Vilanova, Manolo Cremallera, Marieta, Blanca Blanco, H, Contraproduciones, Carol Fernández, Irene Liaño, Sara Lesta, Nicolás Vieites e Crearte SC.

Colaboran: AC. Manicómicos, NORMAL, Cie. Le Ciel en Soi, Association Echanges e Chez Madeleine, Centre Social Archipelia, CND Pantin, O peto, Coopfunding, Concello da Coruña, Concello de Santiago, Salesianos A Coruña, Marina Seca e Desguaces Petrallo.

Mecenas: Taller de Polo, Julia Armesto, Marta Rivas, Cristina Nuñez, Susana e Irene, Elefante Elegante, Otto Roca, Julio Pablo Vázquez, Carlos M. Carbonell, Isabel Blanco, Iria Bustabad, Konjar Jurij, Jorge Trigo, Rebeca García, Sol Queiro, Ton Taker, Serxio Moreira, Fátima García, Merce Carballo.