bio

13119002_1616192932032812_3432300687931876993_n

 

Anxela Blanco, A Coruña, 1983.

Levo algo máis de dez anos navegando nas artes vivas e da escea, universo ao que cheguei dunha forma accidental e reveladora, viña da dirección e administración de empresas. Teño un pé na educación, na crianza e nas artes aplicadas a ela. Ademáis de soster unha práctica comunitaria, de mediación e de xestión colectiva en diferentes asociacións ou bandadas (Manicómicos, Colectivo Fume, Casa Tomada, Danesga, Sarsur, Circo de Galiza-Semente Madeleine).

Traballo de xeito continuado ou puntual para compañías e artístas como Elefante elegante, Mónica de Nut, Fredi&Cia, Entremans, Matías Daporta, Os Bolechas, Galicia Canibal... na maioría como intérprete, pero tamén teño acompañado na dirección e na coreografía. Na miña faceta como creadora teño sido artísta residente en diferentes espazos de Galiza e París ou Premio Injuve por "Fume", desenvolvendo proxectos lentos e de investigación como "olivia necesita verán" ou actualmente "Ulises e a nena durmida", na súa segunda travesía.